Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Mecánica de Fluídos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Mecánica de Fluídos Código 770G02016
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lema Rodríguez, Marcos
Correo electrónico
marcos.lema@udc.es
Profesorado
Gosset , Anne Marie Elisabeth
Lema Rodríguez, Marcos
Prieto Garcia, Abraham
Correo electrónico
anne.gosset@udc.es
marcos.lema@udc.es
abraham.prieto@udc.es
Web
Descrición xeral Neste curso o alumno estudará os conceptos fundamentais de cinemática e estática de fluídos, chegará a entender a formulación e o significado das ecuacións de Navier-Stokes en forma integral e aprenderá a aplicar estas ecuacións de conservación a aplicacións prácticas. Mediante o método de análise dimensional, entenderá como simplificar estas ecuacións e deseñar experimentos a escala. Finalmente estudará fluxos de interese tecnolóxico como os fluxos externos en aerodinámica e os fluxos en condutos para o deseño de redes de canalizacións sen e con máquinas hidráulicas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral, solución de problemas, proba mixta e traballos tutelados manteranse de maneira telemática. Metodoloxías docentes que se modifican A docencia de teoría (Docencia expositiva) prevista como Non Presencial, poderase pasar a Presencial no caso de que o número de alumnos matriculados na materia permita garantir as medidas recollidas no Plan de Prevención do Centro, ou ben haxa novas medidas sanitarias que o permitan. Prácticas de laboratorio: no caso de que os alumnos non poidan asistir ao laboratorio, farase un vídeo demostrativo do funcionamento e da obtención de datos das prácticas, proporcionaranse os datos para cada grupo de alumnos a partir de datos de anos anteriores, e con estes deberá elaborarse a memoria de prácticas do mesmo xeito no que se realiza no caso de docencia presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. As clases e titorías impartiranse a través de Teams nos horarios que se acorden cos alumnos e co resto de materias do curso. O resto de ferramentas manteñen o seu uso (Moodle e correo electrónico). 4. Modificacións na avaliación Esta realizarase remotamente. Non hai modificacións aos criterios de avaliación. Observacións de avaliación: Non hai observacións. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes