Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Centrais Eléctricas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A32 B1 B5 C6 Resolución dun caso práctico. 15
Proba mixta A4 A5 A32 B1 B5 Exame con parte tipo test, preguntas de desenvolvemento e exercicios. 70
Traballos tutelados A4 A32 B1 B2 B4 B9 C6 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía. 15
 
Observacións avaliación

No marco dos "Traballos tutelados" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais propostos, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado.

A "Proba mixta" dividirase nunha parte teórica tipo test, nunhas preguntas sinxelas, e nuns exercicios. A nota obtida polo alumno cos "Traballos tutelados" será ponderada coa nota obtida nos exercios da "Proba mixta".

É necesario superar o 50% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar.

Os alumnos que non aprobaran os "Traballos tutelados" terán que superar uns exercicios con máis apartados na "Proba mixta".

Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa a "Traballos tutelados" incluirase na "Proba mixta".

Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior.

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes