Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Debuxo Industrial e CAD
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas - Exercicios sobre o tema, que os estudantes resolverán en clase, axudados polo profesor.
- Realización doutros exercicios fora da aula, propostos para o auto-avaliación dos alumnos, e a asimilación de contidos.
Traballos tutelados Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, exponse a realización de traballos, guiados sempre polo profesor.
Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas.
Presentación oral A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente.
Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que prevalecerán.
Prácticas de laboratorio O alumno traballará con programas de CAD desde o primeiro día, co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo mediante programas de debuxo asistido por computador en 2D, familiarizarse co traballo en 3D, así como na elaboración e interpretación de planos.
Proba obxectiva A proba terá carácter fundamentalmente práctico e consistirá na resolución dun número determinado de problemas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes