Teaching GuideTerm
Polytechnic University Collage
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Subjects
  Acquisition techniques of electrical measurements
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A4 B1 B4 B5 C3 Terase encuenta a asistencia a clases de problemas, onde se irán proporcionando e resolvendo exercicios que apliquen e reforcen os coñecementos teóricos. No caso de que se asignen traballos por grupos, terase encuenta a entrega e a exposición do mesmo na clase. Do devandito traballo avaliarase a estrutura, calidade documental, orixinalidade e presentación sobre un total de dez puntos.

O 10% de peso do total deste apartado na signatura ten un caracter previo á avaliación final, a sistencia debe ser superior ao 70% desta activida presencial e no caso de realizarse exposición de traballos de grupo o 10% repartirase por igual entre asistencia e traballo.

10
Laboratory practice A4 B1 B4 B5 C3 As sesións practicas de laboratorio son de obrigada asistencia, imprescindibles para poder aprobar a materia. Tomarase nota da asistencia. Valorarase a comprensión da materia e a participación activa mediante preguntas ao alumno no transcurso das prácticas. Entregarase unha memoria final individual das prácticas realizadas, que se avaliará en base á a calidade, participación activa, orixinalidade, resultados e estrutura sobre un total de dez puntos. Sendo necesario alcanzar o 5 para aprobar as prácticas.

O 20% de peso total deste apartado na materia ten un caracter obrigatorio e previo á avaliación final.
20
Objective test A4 B1 B4 B5 O exame escrito final (xa sexa na convocatoria ordinaria de Xuño ou a convocatoría extraordinaria de Xullo) será de 10 problemas. Cada problema ben xustificado no que se chegue ao resultado correcto puntuará un punto.
A duración do exame será de 2h.
A puntuación obtida sobre dez contribuirá á cualificación final nun 70%, a condición de que se superen o tres puntos sobre dez.
En caso de non superarse na proba o tres puntos, a cualificación final será "Suspenso" coa puntuación alcanzada nesta proba, independentemente da alcanzada na avaliación das demais probas.
En caso de non presentarse a esta proba obxectiva a cualificación final será de "Non presentado", con independencia da puntuación alcanzada no resto das probas das outras metodoloxías.
70
 
Assessment comments
Sen prácticas aprobadas non se pode aprobar a materia.

A cualificación final darase con dous decimais e será:

Se na proba obxectiva tres ou máis puntos sobre o dez, a condición de que estean aprobadas as prácticas:

10 de asistencia*0,1 (se asistencia a solución de problemas superior ao 70%; se hai asignación de traballos, 10de asistencia*0,05 puntuación do traballo*0,05) puntuación da proba obxectiva sobre 10*0,7 (se máis de tres puntos sobre 10 na proba obxectiva) puntuación das prácticas de laboratorio *0,2 (se a memoria de prácticas supera o 5 sobre 10).

Para superar a signatura nas convocatorias oficiais é necesario ter unha cualificación final de 5 ou superior (máximo 10 puntos).

Se na proba obxectiva menos de tres puntos: Puntuación da proba obxectiva (independentemente da puntuación das demais probas.

Se non se presenta á proba obxectiva ou ás prácticas: "Non presentado" (independentemente de realizar as outras probas.

A cualificación final poderá incrementarse ata un total de 0,5 puntos se se supera o 6 sobre 10 na proba obxectiva. O incremento será en función da asistencia activa (saídas a encerado, entrega de probas voluntarias, asistencia a tutorías, actitude na aula).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes