Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Técnicas de adquisición de medidas eléctricas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 B1 B4 B5 Terase en conta a asistencia a clases de problemas, onde se irán proporcionando e resolvendo exercicios que apliquen e reforcen os coñecementos teóricos. Para os exercicios prácticos que se asignen, podendo ser por grupos, terase en conta o bo proceder nas montaxes para a obtención das medidas, o respecto ao máximo da seguridade e orde durante o desenvolvemento.

O 30% desta actividade repártese por igual nas distintas as probas escritas dos problemas desta actividade e os distintos exercicios prácticos de medidas. Ten un carácter previo á avaliación final e a asistencia debe ser superior ao 80%.
30
Prácticas de laboratorio A4 B1 B4 B5 C1 As sesións practicas de laboratorio son de obrigada asistencia, imprescindibles para poder aprobar a materia. Tomarase nota da asistencia. Valorarase a comprensión da materia e a participación activa mediante preguntas ao alumno no transcurso das sesións prácticas. Entregarase unha memoria final individual ou en grupo, na que se relatarán as sesións prácticas e as súas medidas así como a dos exercicios prácticos que se asignen referentes ás mesmas. A memoria das prácticas e exercicios prácticos avaliarase en base á calidade, estrutura, orixinalidade, resultados e calidade documental das súas imaxes, sobre un total de dez puntos. Sendo necesario alcanzar o 5 sobre 10 para aprobar as prácticas, é dicir, o 50% do seu peso do 20%.

O 20% de peso total deste apartado na materia ten un carácter obrigatorio e previo á avaliación final.
20
Proba obxectiva A4 B1 B4 B5 O exame escrito final (xa sexa na convocatoria ordinaria de Xuño ou a convocatoria extraordinaria de Xullo, a convocatoria de Xunio que poderá ser adiantada a finais de maio por acordo unánime dos matriculados) será de 10 problemas e/ou test. Nos problemas, o ben xustificado no que se chegue ao resultado correcto puntuarán o punto.
A duración do exame será de 2h, ampliable para o estudante que conte con adaptación á diversidade que estime tempo adicional establecido polo servizo ADI da UDC.
A puntuación obtida sobre dez contribuirá á cualificación final nun 40%, de alcanzarse o 5 nas restantes metodoloxías servirá para subir nota.
De non alcanzase o 5 nas restantes probas servirá para lograr o aprobado, pero de non presentarse a esta proba obxectiva a cualificación final será de "Non presentado", con independencia da puntuación alcanzada no resto das probas das outras metodoloxías.
40
Sesión maxistral A4 B1 B5 C2 Exposición oral teórica-práctica dos capítulos do programa para transmitir coñecementos, podendo ser complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia. Ofrecerá unha visión xeral e estruturada dos temas, destacándose os aspectos importantes. Valorarase a asistencia regular activa, sempre que sexa mínimo do 80% terá un peso do 10%. 10
 
Observacións avaliación

Sen prácticas aprobadas non se pode aprobar a materia. A cualificación final darase cun decimal e será, a condición de que estean aprobadas as prácticas:  puntos  das probas escritas de problemas ata o máximo dun 3 (se asistencia a solución de problemas superior ao 80%)  1 punto de asistencia activa a expositivas (se asistencia superior ao 80%)   puntuación da proba obxectiva sobre 10*0,4   puntuación das prácticas de laboratorio sobre 10 *0,2 (a condición de que a memoria de prácticas supera o 5 sobre 10).  De non superarse as prácticas, independentemente das notas alcanzadas nas demais metodoloxías, será a nota alcanzada nas prácticas sobre 10 e de non presentarse ás prácticas, independentemente das notas alcanzadas nas demais metodoloxías  Para superar a signatura nas convocatorias oficiais é necesario ter unha cualificación final de 5 ou superior (máximo 10 puntos).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes