Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Instalacións de Enerxías Renovables
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A33 Exame final 1ª parte (proba pactada co alumnado o principiar as clases)

Realizarase un exame dividido en dúas partes, nunha primeira se desenrolarán preguntas de teoría e nunha segunda parte faranse un ou dous problemas, segundo criterio do profesor. Os temas que abrangue esta primeira proba obxectiva van dende o primeiro (radiación solar) continuando cos temas de solar fotovoltaica (temas II.III,IV,V) ase como a parte de solar térmica (temas VI,VII,VIII). A distribución na cualificación dos diferentes pesos correspondentes a cada unha das partes da proba, está suxeito o criterio do profesor, que os distribuirá tendo en conta os grados de dificultade. Dito criterio notificarase no momento de principiar a proba obxectiva.
25
Proba obxectiva A33 Exame final 2ª parte
Realizarase un segundo exame nas datas aprobadas pola escola, dita proba estará dividida en dúas partes: unha na que se desenrolarán preguntas de teoría que inclúen os restantes capítulos do temario (temas do IX o XVII), e outra parte despois dun descanso na que o alumno deberá vir con calculadora, unha regra e bolígrafo, faráselle entrega dos enunciados de problemas.
O alumno que renuncie a partición do exame final realizará unha unica proba obxetiva, dita proba estará dividida en duas partes: unha con preguntas de teoría de todo o temario e unha segunda parte de problemas.
A distribución dos pesos das diferentes partes das probas obxetivas faráse en función do grado de dificultade das partes. O mestre notificará dito criterio no intre de comezar a proba obxetiva.
25
Presentación oral A1 E imprescindible a defensa oral para recibir a cualificación do traballo tutelado
Na presentación oral o alumno disporá de media hora como máximo. A defensa Poderá facerse modo audiencia pública para o resto de compañeiros.
20
Saídas de campo A33 A asistencia as saidas de campo e obrigatoria e aporta un 5% do computo da avaliación.

As saídas de campo avaliaranse cun cuestionario que se entregara cos exames das convocatorias ordinaria e 2ª oportunidade, normalmente farase coa parte de teoría de ditas probas obxetivas, aportando un 5%
5
Sesión maxistral A5 A32 A33 B1 B2 B4 B5 A presenza e participación nas clases aportará un máximo de 5 sobre 100 co 100 % da asistencia. A relación asistencia puntuación non será lineal, asistencia inferior o 50% non puntuará. Esta puntuación engadirase a nota se o alumno supera o 40% dos pesos das probas obxectivas. 5
Traballos tutelados A4 B9 C3 O alumno que acadando nota superior a 4 na convocatoria ordinaria ten a opción de realizar , defender e aprobar un miniproxecto consegindo deste xeito unha calificación apta na convocatoria de 2ª oportunidade (xullo)
Traballo que entregará nun prazo fixado polo profesor. Caracteristicas do traballo que fixará o profesor e que defenderá o alumno cunha presentación oral.
5
Solución de problemas A33 O alumno entregará nos prazos estipulados polo profesor cada un dos problemas da colección que se lle requira. A escolma de problemas que se lle facilitará colgará da paxina web da UDC Quedando a liberdade do profesor a petición individual de defensa das resolución dos problemas, ase como a entrega dos mesmos o alumno xa corrixidos. Podendo acadar como máximo 5 puntos sobre os 100 de cualificación final máxima da asignatura . 10
Prácticas de laboratorio B5 C3 As prácticas de laboratorio faranse en función dos recursos existentes na escola estas poden ser empregando elementos reais o empregando software habilitado no laboratorio. 5
 
Observacións avaliación

O alumno que decide presentarse a proba obxetiva
(exame final 1ª parte) renuncia a realización dun único exame final.

As probas obxectivas son liberatorias o acadar unha cualificación igual o superior o 50% da cualificación máxima do exame.
As probas obxectivas son compensatorias o acadar unha cualificación maior o igual o 35 % da cualificación máxima do exame. As partes liberadas terán validez únicamente para as convocatorias dese ano académico.

 Se o alumno optase por un único exame, a estructura da proba obxectiva sería a mesma: parte teoría e parte problemas sendo o seu peso do 50%. 

 No caso de organizarse e obrigatorio a asistencia as visitas.  A parte porcentual na cualificación das saídas de campo e prácticas de laboratorio valen  10%. se
xurdise algún impedimento para facer total o parcialmente a porcentaxe da cualificación engadiríase equitativamente as dúas
probas obxectivas, o a única proba no caso de acordar un único exame. 

Queda a criterio do mestre a posibilidade de puntuar ata un máximo dun
20% a realización de actividades extracurriculares, propostas na area de
enxeñaría eléctrica de tematica vinculante ou afin a materia, ditas actividades
consistirían na, asistencia a conferencias, simposios ou xornadas, realización
de prácticas de empresa,etc. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes