Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Sistemas de Supervisión
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A10 A17 A31 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C5 C6 Nas sesions maxistrais e nas prácticas de laboratorio plantearanse diferentes problemas prácticos de maior complexidade para a sua resolución como traballo independente polo alumno, tanto de forma individual uns coma colectiva outros. Nesta resolución vaise fomentar a participación do alumno como ferramenta de autoaprendizaxe valorando o seu esforzo e os seus resultados cara á valoración final da asignatura. A sua realización e presentación diante do profesor será obligatoria para poder aprobar a asignatura, sendo evaluable ata un máximo dun 20% da nota final. 20
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A5 A10 A17 A31 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C5 C6 Estudo e utilización dunha linguaxe de programación que permita a resolución de diferentes problemas de enxeñaría mediante solucións informáticas. A sua realización e presentación diante do profesor será obligatoria para poder aprobar a asignatura, sendo evaluable ata un máximo dun 20% da nota final. 20
Proba obxectiva A4 A10 A17 A31 A34 B1 B2 A proba obxetiva dividirase en duas partes, unha teórica e outra práctica, que tratará de comprobar si o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo da asignatura. Será necesario obter a lo menos unha nota mínima de 1.5 puntos en cada parte (ata un máximo de 3 puntos en cada parte) e ter presentado todalas prácticas e traballos para poder aprobar a asignatura. 60
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica, ao non ter obrigacion de asistir
ás actividades nas que se poida esixir presencialidade, terán que
presentar e defender igualmente os traballos e prácticas obrigatorias
diante do profesor en tutorias presenciais ou virtuais, nos mesmos
prazos que o resto dos alumnos.

A calificación de todos os alumnos, tanto na primeira coma na
segunda oportunidade, basearase na necesidade de obter polo menos
unha nota mínima de 1.5 puntos na parte teórica e outros 1.5
puntos na parte práctica do exame
(máximo de 3 puntos en cada parte, con un total de 6 puntos) e ter
presentado e defendido correctamente diante do profesor todalas prácticas
e/ou traballos obrigatorios para poder aprobar a asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes