Teaching GuideTerm
Polytechnic University Collage
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Subjects
  Final Degree Proyect
   Methodologies
Methodologies Description
Oral presentation A defensa do TFG será realizada polo alumno oralmente e perante un tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos. O obxectivo é que o alumno describa de forma ordenada, clara e empregando vocabulario técnico propio da titulación, o traballo realizado.
A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.
Events academic / information A fin de acercar a los alumnos a la realidad de los diversos temas de su trabajo.
Supervised projects O Traballo de Fin de Grado deberá encadrarse nos seguintes tipos:

1.- Estudo do deseño ou da fabricación dun equipo, dunha planta industrial, ou da posta a punto dunha instalación de acordo coa normativa vixente.

2.- Estudo dunha idea ou dun prototipo, dun modelo teórico dun equipo ou dunha instalación, que constitúa unha contribución orixinal ás tecnoloxías actuais ou unha aplicación orixinal das mesmas tecnoloxías, propias da titulación correspondente.

3.- Estudo científico, tecnolóxico, económico, estatístico, de desenvolvemento de software, de planificación, de xestión e explotación, relativo a equipos, a obras, a instalacións, a sistemas de traballo en plantas industriais etc. que constitua unha contribución orixinal ás materias e ás técnicas actuais propias da titulación ou unha aplicación orixinal destas técnicas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes