Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Oficina Técnica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Oficina Técnica Código 770G02131
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
López Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
jose.lopez@udc.es
Profesorado
López Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
jose.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia de Oficina Técnica, trátase de ensinar ao estudante como, cos coñecementos de Debuxo Técnico adquiridos nas materias de Expresión Gráfica e os coñecementos da tecnoloxía da súa especialidade adquiridos nas materias específicas, pode desenvolver as funcións propias dunha Oficina Técnica e elaborar un Proxecto de Enxeñaría. É unha materia onde se contemplan os métodos, técnicas, regulamentacións, etc., utilizados na Oficina Técnica da empresa industrial e na Oficina Técnica de proxectos para levar a cabo as súas múltiples tarefas, entre as que recibe especial atención a elaboración do Proxecto de Enxeñaría.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesión maxistral Traballos tutelados Presentación oral Eventos científicos e/ou divulgativos Proba obxetiva *Metodoloxías docentes que se modifican: A sesión maxistral presencial substitúese por sesións virtuais a través de Teams. Traballos tutelados. Elaboraranse os enunciados das prácticas detallando paso a paso o desenvolvemento de cada exercicio con explicacións guiadas para favorecer o traballo autónomo do estudante. (Moodle) A asistencia a eventos científicos e/ou divulgativos farase de forma non presencial. A presentación oral realizarase a través de Teams. A proba obxectiva realizarase a través de Moodle/Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As titorías realizaranse a través de TEAMS, Moodle e correo electrónico segundo a necesidade dos estudantes. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación da materia *Observacións de avaliación: Os traballos tutelados presentaranse utilizando TEAMS. A proba mixta realizarase a través de Moodle/Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes