Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Medidas e Tarifas Eléctricas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 B1 B5 O exame escrito final (xa sexa na convocatoria ordinaria de Xuño ou a convocatoria extraordinaria de Xullo, a convocatoria de Xunio que poderá ser adiantada a finais de maio por acordo unánime dos matriculados) será de 10 problemas e/ou test. Nos problemas, o ben xustificado no que se chegue ao resultado correcto puntuarán o punto.
A duración do exame será de 2h, ampliable para o estudante que conte con adaptación á diversidade que estime tempo adicional establecido polo servizo ADI da UDC.
A puntuación obtida sobre dez contribuirá á cualificación final nun 40%, de alcanzarse o 5 nas restantes metodoloxías servirá para subir nota.
De non alcanzase o 5 nas restantes probas servirá para lograr o aprobado, pero de non presentarse a esta proba obxectiva a cualificación final será de "Non presentado", con independencia da puntuación alcanzada no resto das probas das outras metodoloxías.
40
Prácticas de laboratorio A4 B1 B4 B5 B9 C3 As sesións practicas de laboratorio son de obrigada asistencia, imprescindibles para poder aprobar a materia. Tomarase nota da asistencia. Valorarase a comprensión da materia e a participación activa mediante preguntas ao alumno no transcurso das sesións prácticas. Entregarase unha memoria final individual ou en grupo, na que se relatarán as sesións prácticas e as súas medidas así como a dos exercicios prácticos que se asignen referentes ás mesmas. A memoria das prácticas e exercicios prácticos avaliarase en base á calidade, estrutura, orixinalidade, resultados e calidade documental das súas imaxes, sobre un total de dez puntos. Sendo necesario alcanzar o 5 sobre 10 para aprobar as prácticas, é dicir, o 50% do seu peso do 20%.

O 20% de peso total deste apartado na materia ten un carácter obrigatorio e previo á avaliación final.
20
Solución de problemas A4 B1 B4 B5 B9 C3 Terase en conta a asistencia a clases de problemas, onde se irán proporcionando e resolvendo exercicios que apliquen e reforcen os coñecementos teóricos. Para os exercicios prácticos que se asignen, podendo ser por grupos, terase en conta o bo proceder nas montaxes para a obtención das medidas, o respecto ao máximo da seguridade e orde durante o desenvolvemento.

O 30% desta actividade repártese por igual nas distintas as probas escritas dos problemas desta actividade e os distintos exercicios prácticos de medidas. Ten un carácter previo á avaliación final e a asistencia debe ser superior ao 80%.
30
Sesión maxistral A4 B1 B4 B5 Exposición oral teórica-práctica dos capítulos do programa para transmitir coñecementos, podendo ser complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia. Ofrecerá unha visión xeral e estruturada dos temas, destacándose os aspectos importantes. Valorarase a asistencia regular activa, sempre que sexa mínimo do 80% terá un peso do 10%. 10
 
Observacións avaliación

Sen prácticas aprobadas non se pode aprobar a materia. A cualificación final darase cun decimal e será, a condición de que estean aprobadas as prácticas:  puntos  das probas escritas de problemas ata o máximo dun 3 (se asistencia a solución de problemas superior ao 80%)  1 punto de asistencia activa a expositivas (se asistencia superior ao 80%)   puntuación da proba obxectiva sobre 10*0,4   puntuación das prácticas de laboratorio sobre 10 *0,2 (a condición de que a memoria de prácticas supera o 5 sobre 10).  De non superarse as prácticas, independentemente das notas alcanzadas nas demais metodoloxías, será a nota alcanzada nas prácticas sobre 10 e de non presentarse ás prácticas, independentemente das notas alcanzadas nas demais metodoloxías  Para superar a signatura nas convocatorias oficiais é necesario ter unha cualificación final de 5 ou superior (máximo 10 puntos).

 Se non se presenta ás prácticas, non presentado con independencia do puntuado nas restantes metodoloxías.

 

* Os alumnos de matrícula parcial poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas ás presenciais.

 * Os criterios para aprobar en segunda oportunidade son os mesmos que en primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes