Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
 Asignaturas
  Introdución ao Mobiliario
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución ao Mobiliario Código 771528002
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia o alumnado adquirirá os coñecementos que lle permitirán coñecer as especificidades concretas dunha disciplina con carácter propio como é o Deseño de Mobiliario, centrado na construción dos obxectos que foron facilitando os usos e actividades habituais do ser humano, en todo tipo de espazos privados ou públicos, conformando os ambientes nos que se veu desenvolvendo a vida. Tamén entenderá o significado do tránsito evolutivo das respostas iniciais ata as actuais, pertencentes a un sector de gran importancia económica, caracterizado pola investigación e innovación continuas nos aspectos formais e materiais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial total ou parcialmente. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non está previsto modificar metodoloxías docentes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o Correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ao comezo do curso. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados: 100%. Práctica de elaboración personal de comentario e análise escrito e gráfico da interacción dun espazo cun uso concreto co seu mobiliario específico, con gallo de potenciar a crítica rigurosa como medio de reflexión e coñecemento. *Observacións de avaliación: Suprímense aqueles criterios que implican asistencia e presencialidad. Este principio terá validez temporalmente desde o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia. Mantense o resto dos criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes