Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
 Asignaturas
  Produto e Mercado
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Produto e Mercado Código 771528006
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
noelia.sandres@udc.es
Profesorado
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
noelia.sandres@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo desta asignatura de máster é achegar aos estudantes á relevancia da variable produto e o seu encaixe nun mercado volátil, con derivadas globais e locais e extremadamente competitivo. Para logralo, os estudantes aprenderán o concepto de produto, e os procesos de ciclo de vida de producto, xestión da carteira de produtos e de desenvolvemento de novos produtos con especial orientación á industria, así como identificarán as principais implicacións en materia de distribución e comunicación a ter en conta. Descubriránse as ventaxas, riscos e potencialidades da creación e deseño de produtos no contexto da Industria 4.0; e, por último, valoraráse a materialidade de xestionar factores como a innovación, sustentabilidade, ética, e responsabilidade social no deseño de productos industriais como resposta as demandas crecentes no mercado actual dos grupos de interese.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados - Proba de resposta múltiple - Presentación oral - Sesión maxistral *Metodoloxías docentes que se modifican: No caso de docencia íntegramente non presencial, modifícanse as seguintes metodoloxías de cara a súa adaptación: - Traballos tutelados: preparación e celebración das tutorías a través de sesións síncronas en Teams, dacordo á planificación prevista e compartida cos estudantes en Moodle. Os grupos traballarán autónomamente pola vía virtual. - Proba de resposta múltiple: realización virtual da proba a través da plataforma Moodle. - Presentación oral: presentación virtual e grupal dos casos prácticos realizados a través de Teams, en sesión síncrona e grabada que se porá a disposición dos estudantes en Moodle vía Stream. - Sesión maxistral: impartiránse as sesións maxistrais a través de Teams, en síncrono, e dacordo ao calendario previsto. Estas sesións serán grabadas para poñerse a disposición dos estudantes en Moodle vía Stream. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle: -Correos informativos a través do foro de novas. -Posta a disposición do alumnado dos calendarios de presentacións de casos prácticos. -Posta a disposición do alumnado dos calendarios de tutorías de casos prácticos. -Posta a disposición do alumnado das sesións síncronas realizadas vía Teams e aloxadas en Stream (sesións maxistrais e de presentación dos casos prácticos). -Proba de resposta múltiple (examen) Teams: -Tutorías plenarias e grupais no marco dos traballos tutelados. -Impartición sesións maxistrais. -Presentación casos prácticos. -Impartición tutorías individuais e de grupo reducido. Correo electrónico: -Contacto cos estudantes. -Resolución de dúbidas. -Recomendación de recursos bibliográficos, webgráficos e documentais adicionais. 4. Modificacións na avaliación Manteñénse as metodoloxías e os correspondentes pesos na cualificación. *Observacións de avaliación: As mesmas que figuran na GADU. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes