Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
 Asignaturas
  Contract
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Contract Código 771528020
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Enxeñaría Industrial
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
López Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
jose.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia o alumno adquirirá os coñecementos que lle permitirán completar o proceso desde a idea ata a construción e o equipamento dun espazo determinado. Estudará que o anterior só é posible se aspectos como o cumprimento das distintas normativas que condicionan o proxecto, a obtención dos permisos e licenzas pertinentes, coñecemento dos prazos reais para a subministración dos distintos elementos así como os seus mecanismos de pago e a organización das tarefas precisas da montaxe, cunha estricta asignación de orde de intervención e tempos de todos os actores implicados.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial total ou parcialmente. *Metodoloxías docentes que se modifican Non está previsto modificar metodoloxías docentes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o Correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ao comezo do curso. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados: 100%. Prácticas de elaboración personal sobre un suposto real de proxecto, construcción e equipamento dun espazo determinado cun uso concreto. Prácticas baseadas na utilización da metodoloxía BIM (Building Information Modeling) *Observacións de avaliación: Suprímense aqueles criterios que implican asistencia e presencialidad. Este principio terá validez temporalmente desde o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia. Mantense o resto dos criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes