Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fundamentos de Física
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos de Física Código 771G01001
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Ares Pernas, Ana Isabel
Correo electrónico
ana.ares@udc.es
Profesorado
Ares Pernas, Ana Isabel
Bouza Padin, Rebeca
Montero Rodríguez, María Belén
Correo electrónico
ana.ares@udc.es
rebeca.bouza@udc.es
belen.montero@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura ten como obxetivo o desenvolvemento e aprendizaxe de conceptos basicos para as asignaturas tecnolóxicas específicas. Aprendizaxe da metodoloxía científica para a resolución de problemas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos da materia 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías docentes propostas na guía pero adaptadas á modalidade on-line como figura no seguinte apartado. *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: Manténse o horario habitual impartíndose en sesións síncronas a través de Teams. Ademáis para facilitar o acceso á información a aqueles estudantes con problemas de conexión, a clase teórica grábarase previamente e porase en Moodle a disposición dos estudantes no apartado correspondente. Solución de problemas: Manténse o horario habitual impartíndose en sesións síncronas a través de Teams. Os problemas resoltos subiranse en vídeos individuais a Moodle para os estudantes con problemas de conexión. Despois de cada bloque temático os estudantes realizarán unha serie de exercicios breves, baseados nos contidos de cada tema a través de Moodle (computa na avaliación) Prácticas de laboratorio: As prácticas realizaranse a través dunha app de prácticas virtuais ou a través de instruccións e vídeos que se porán a disposición dos estudantes en Moodle. Os estudantes enviarán por mail a memoria de prácticas (computa na avaliación) Aprendizaxe-Servizo e traballos tutelados: Os estudantes deberán cumplir coas entregas dos proxectos e traballos nas datas que estaban previstas e entregar o traballo final por mail recibindo o feedback necesario hasta ter o documento final. As actividades adaptaránse para que poidan realizarse de modo virtual, ben por medio da grabación de vídeos que se farán chegar ás entidades, ben mediante videconferencia. Proba obxetiva: Realizarase nas datas oficiais previstas a través da plataforma Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico ou Quickmail (Moodle) (Comunicación asíncrona): De luns a venres. Consultas, solicitar encontros virtuais, entregar traballos prácticos (prácticas, aprendizaxe servizo, traballos tutelados) Chat TEAMS (Comunicación asíncrona): De luns a venres. Consultas ou dúbidas Videochamada individual (Teams) (Comunicación síncrona): De luns a venres baixo solicitude previa do estudante por correo electrónico Foro de Moodle (Comunicación asíncrona): Habilitarase un foro específico por cada bloque temático onde se poderán plantexar dúbidas e consultas acerca dos contidos da materia. NOTA: O horario para a atención personalizada será flexible, podendo acordar con estudante a data e hora que mellor se adapte as súas necesidades. As dúbidas por email ou Moodle ou chat do Teams contestaranse nun prazo máximo de 24 horas. Isto e aplicable de luns a venres, en días lectivos. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación prevista na GADU, que é a que se resume a continuación: Prácticas de laboratorio (10%). Obrigatorias para superar a materia. Aprendizaxe-Servizo/Traballos tutelados (20%) Solución de problemas (20%) Proba obxetiva (50%): Necesitase un mínimo de puntuación dun 4/10 nesta proba para sumar as notas da avaliación continua (Test, ApS/Traballos tutelados e prácticas) *Observacións de avaliación: Non hai ningún cambio con respecto as observacións da guía GADU: Os estudantes que non teñan presentado nin traballos nin test a súa nota dependerá só das prácticas 10% (que son obrigatorias para aprobar) e da proba obxetiva que neste caso puntuará un 90%. Os requisitos para superar a materia son os mesmos na primeira e na segunda oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai cambios pois a pesar de que os estudantes dispoñen na guía docente de libros recomendados non necesitan específicamente ese material para superar a materia. Os estudantes disporán en Moodle de todos os materiais de traballo (resumos dos temas, follas de problemas, test resoltos, vídeos e enlaces a vídeos coas clases, etc...).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes