Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fundamentos de Física
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais realizaránse na aula, mediante clases na pizarra ou medios audiovisuais (transparencias, presentación en power point, vídeos). A duración destas clases será de 2 h semanais e o grupo de alumn@s será un grupo grande con todo o estudantado matriculado, cumplindo coas instruccións sanitarias que nos veñan indicadas en todo momento.
O estudantado tomará apuntes dos conceptos fundamentais explicados na aula para despois amplialos conceptos consultando a bibliografía aconsellada.
Ademáis proporcionaráselle ao estudantado ferramentas tales coma resumos ou esquemas, aos que poderán acceder mediante a plataforma Moodle.
Solución de problemas Despois de cada tema proporanse una colección de problemas tipo. As clases de solución de problemas serán de 1,5 horas semanais en grupos interactivos de aproximadamente 15 estudantes cumprindo coas instruccións sanitarias que nos veñan indicadas en cada momento. Parte dos problemas propostos resolveranse na pizarra (os problemas tipo) durante as clases interactivas e outros deixaranse coma traballo individual de cada estudante.
Nesas clases interactivas plantexaranse tamén problemas/test correspondentes con cada un dos bloques temáticos. Estes problemas/test serán resoltos polo estudantado de forma individual ou en grupo e servirán para a avaliación continua dos mesmos. Proporcionaránselle ao estudantado os problemas/test resoltos a posteriori para que lle axuden no proceso de autoevaluación.
Prácticas de laboratorio O estudantado terá que aprender a desenvolver catro experimentos no laboratorio relacionados cos diferentes bloques temáticos da asignatura. A duración de cada unha destas prácticas e de 1,5 h de clase. Os grupos serán reducidos, de aproximadamente 15 estudantes por clase cumprindo coas instruccións sanitarias que nos veñan indicadas en cada momento.
O estudantado traballará en grupos pequenos (dous ou tres estudantes por equipo). Ó final de cada sesión cada equipo entregará unha memoria co resumo dos datos obtidos. Esta memoria formará parte da avaliación continua do estudante.
O estudantado que non realice as prácticas da asignatura non poderán presentarse á proba obxetiva e figurará como non presentado. Esta condición aplicase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Plantexarase ao estudantado matriculado na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con alguna entidade colaboradora. Cada estudante poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas adicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para cada actividade, é dicir; 6 horas de traballo presencial e 15 horas de traballo autónomo.
Para a realización das actividades aprendizaxe-servicio procurarase evitar o contacto prolongado e innecesario coas persoas usuarias das entidades e de ser necesario algún tipo de contacto farase cumprindo as condicións sanitarias establecidas en cada momento.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente.
Tal e como figura na metodoloxía anterior o alumnado pode escoller entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado.
No caso do traballo tutelado o estudantado deberá realizar un traballo práctico relacionado con algún contido da materia.
Proba obxectiva Realizarase unha proba final onde se avaliarán os coñecementos adquiridos durante o curso. Para a organización e a realización da proba seguiranse todas as medidas sanitarias indicadas en cada momento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes