Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fundamentos de Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 B2 B5 B6 C6 Avaliaranse problemas/test plantexados para que os estudantes resolvan de forma autónoma.
Tamén se proporán actividades en grupo para realizar na aula.
10
Prácticas de laboratorio A4 A7 B4 B9 C1 C4 Avaliarase a asistencia as sesións de laboratorio, o interese e o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión.
Ademais a asistencia as prácticas e obligatoria e condición necesaria para aprobala asignatura.
10
Proba obxectiva A5 B5 B11 C1 Tratarase dunha proba no que o estudante terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar (duas oportunidades xuño e xullo). A proba obxetiva puntuará un máximo de 6 puntos (sobre 10). Necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas da evaluación continua (problemas/test, aprendizaxe servicio ou traballo tutelado e prácticas). 60
Aprendizaxe servizo A4 A7 B4 B9 C1 C4 Tal e como se comentou no apartado de planificación a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 15% da nota final. 10
Traballos tutelados A4 A7 B4 B9 C1 Ver apartado anterior. A calificación correspondente a esta actividade é un 15% 10
 
Observacións avaliación
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (10%):
Os estudantes que non realicen as prácticas de laboratorio da asignatura non poderán presentarse á proba obxetiva e figurarán como "non presentados"
Os estudantes repetidores que teñan realizado as prácticas nos dous cursos académicos anteriores poderán optar entre realizar novamente as prácticas e ser evaluados novamente ou non realizalas e conservar a nota dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os estudantes que non teñan superada a asignatura terán que voltar a realizalas prácticas obligatoriamente.

AVALIACIÓN CONTINUA:
A asistencia ás clases é obligatoria (expositiva, interactiva e tutoría de grupos reducidos). Os estudantes que acumulen máis do 20% de faltas á clase sin xustificar, serán inmediatamente excluidos do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxetiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxetiva constituirá o 90% da nota e o 10% restante será a nota das prácticas de laboratorio.

SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (10%):
Avaliaranse problemas (test aula / test plantexados (Moodle) que os estudantes resolverán de forma autónoma.

APRENDIZAXE-SERVIZO/TRABALLOS TUTELADOS (20%):
Tal e como se comentou no apartado de planificación, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 15% da nota final.

PROBA OBXETIVA (60%):
Ademáis das convocatorias oficiais de xuño e xullo, a mitad de cuatrimestre e só para os alumn@s que non teñan máis dun 20% de faltas de asistencia (e que polo tanto estexan dentro do procedemento de avaliación continua), realizarase unha proba obxetiva. Esa proba permitirá liberar aos alumn@s que a superen de parte da materia de cara á proba final e a súa nota gardarase de ser necesario ata a oportunidade de xullo.

AVALIACIÓN FINAL:
Necesitase un 4/10 na proba obxetiva para sumar as notas da avaliación continua.
Na oportunidade de xullo seguiranse as mesmas normas que para a oportunidade de xuño.
Os estudantes con calificación de "non presentado" serán aqueles que non se presentaron á proba obxetiva ou non realizaron as prácticas de laboratorio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes