Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fundamentos de Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 B4 B9 C1 Ver apartado anterior. A calificación correspondente a esta actividade é un 20% 10
Solución de problemas A5 B2 B5 B6 C6 Avaliaranse problemas/test plantexados para que o estudantado resolva de forma autónoma.
Tamén se proporán actividades en grupo para realizar na aula.
20
Prácticas de laboratorio A4 B4 B9 C1 C4 Avaliarase a asistencia ás sesións de laboratorio, o interese e o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión. Ademáis a asistencia ás prácticas é obligatoria e condición necesaria para aprobala asignatura. 10
Proba obxectiva A5 B5 B11 C1 Tratarase dunha proba no que o estudantado terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar (duas oportunidades xuño e xullo). A proba obxetiva puntuará un máximo de 5 puntos (sobre 10). Necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas da evaluación continua (problemas/test, aprendizaxe servicio ou traballo tutelado e prácticas). 50
Aprendizaxe servizo A4 A10 A6 A7 A8 B1 B4 B9 B12 C1 C4 Tal e como se comentou no apartado de planificación a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final.
10
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS DE LABORATORIO (10%):
O estudantado que non realice as prácticas de laboratorio da asignatura non poderá presentarse á proba obxetiva e figurará como "non presentado"
Os estudantado repetidor que teña realizado as prácticas nos dous cursos académicos anteriores poderá optar entre realizar  as prácticas e ser evaluado novamente ou non realizalas e conservar a nota dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos o estudantado que non teñan superada a asignatura terán que voltar a realizalas prácticas obligatoriamente.

AVALIACIÓN CONTINUA:
A asistencia ás clases é obligatoria (expositiva, interactiva e seminarios). O estudantado que acumule máis do 20% de faltas á clase sin xustificar, será inmediatamente excluido do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxetiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxetiva constituirá o 90% da nota e o 10% restante será a nota das prácticas de laboratorio.

SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (20%):
Avaliaranse problemas (test aula / test plantexados (Moodle)) que o estudantado resolverá de forma autónoma.

APRENDIZAXE-SERVIZO/TRABALLOS TUTELADOS (20%):
Tal e como se comentou no apartado de planificación, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final.

PROBA OBXETIVA (50%):
Ademáis das convocatorias oficiais de xuño e xullo, a mitad de cuatrimestre e só para o estudantado que non teña máis dun 20% de faltas de asistencia (e que polo tanto estexa dentro do procedemento de avaliación continua), realizarase unha proba obxetiva. Esa proba permitirá liberar ao estudantado que a supere de parte da materia de cara á proba final e a súa nota gardarase de ser necesario ata a oportunidade de xullo.

AVALIACIÓN FINAL:
Necesitase un 4/10 na proba obxetiva para sumar as notas da avaliación continua.
Na oportunidade de xullo seguiranse as mesmas normas que para a oportunidade de xuño.
O estudantado con calificación de "non presentado" serán aquel que non se presentara á proba obxetiva ou non realizara as prácticas de laboratorio. OBSERVACIÓNS: As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas á profesora ao inicio do cuadrimestre e xustificalas adecuadamente. A profesora dará as instruccións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais ou outras tarefas coa mesma puntuación. A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria
extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes