Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fundamentos de Física
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Materiais para á Enxeñería/771G01003
Matemáticas I/771G01005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/771G01006

Materias que continúan o temario
Fisica Aplicada á Enxeñería/771G01002
Deseño e Procesado con Polímeros/771G01011

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente e Igualdade de Xénero:

1. A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado/aprendizaxe servizo) que se realicen nesta materia farase da seguinte maneira: 1.1.Entregarase en formato virtual e / ou soporte informático
1.2.No caso de ter que imprimir algo en papel, por exemplo, carteis, dípticos, etc... para a realización das actividades ApS e os traballos tutelados a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final. 
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habititados na EUDI ou na rúa para tal fin. Os materiais empregados para a realización das experiencias ApS deben ser na medida do posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa recollida no caso de ser necesario.  
3. Intentarase transmitir ao estudantado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais. 
4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
5. Traballarase para identificar e modificar prexuñizos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitarase a plena integración do estudantado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Estas reglas aplicaránse tamén no caso dos traballos de aprendizaxe servizo preparados polo estudantado en entidades que traballen con persoas usuarias con algún tipo de discapacidade. O estudantado adaptará os materiais de tal maneira que se facilite o aprendizaxe de todas as persoas usuarias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes