Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fisica Aplicada á Enxeñería
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisica Aplicada á Enxeñería Código 771G01002
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Bouza Padin, Rebeca
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
Profesorado
Bouza Padin, Rebeca
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo o desenvolvemento e aprendizaxe de conceptos basicos para as materias tecnolóxicas específicas. Aprendizaxe da metodoloxía científica para a resolución de problemas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos da asignatura. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Sesión maxistral (adaptándoa á modalidade on-line) -Solución de problemas (adaptándoa á modalidade on-line) -Proba obxectiva (on-line) *Metodoloxías docentes que se modifican -Prácticas de laboratorio: as prácticas de laboratorio serán sustituidas por cuestionarios de laboratorio, para a súa resolución. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. De uso para facer consultas, resolver dubidas e solicitar titorías virtuais. -Moodle: Semanalmente. Dáselles aos alumnos unha guía da materia a estudar na devandita semana. Dita guía consta de diapositivas detalladas da materia e un boletín de problemas. -Teams: Está previsto, en función do desenvolvemento do curso, a utilización de Teams nalgunha franxa horaria para algunhas sesións de discusión de contidos e resolución de dúbidas. 4. Modificacións na avaliación -Solución de problemas (30%): Aquelas probas de solución de problemas/test que non se realizaron de xeito presencial, realizaranse virtualmente a través de Moodle. -As prácticas de laboratorio (10%): as practicas que non se realizaron no laboratorio serán substituídas pola resolución de cuestionarios baseados nas prácticas. -A proba obxectiva (60%): a proba obxectiva será realizada on-line a través do Moodle *Observacións de avaliación: -A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. Nos criterios de avaliación para a segunda oportunidade manterase a puntuación obtida na avaliación continua. -Para os alumnos con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades específicas que requira cada alumno, sendo dirixidas e entregadas a través de Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios respecto da bibliografía recomendada.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes