Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fisica Aplicada á Enxeñería
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A5 B5 B6 C1 C3 C8 Avaliarase a asistencia/realización as sesións de laboratorio, o interese e o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión.
Ademais a asistencia/realización as practicas e obrigatoria e condición necesaria para aprobala asignatura.
10
Proba obxectiva A1 A10 B2 B11 C4 C6 Tratarase dun exame no que o alumno terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar.
A proba puntuará un máximo de 6 puntos, necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas de avaliación continua (problemas/test, traballo tutelado e prácticas).
60
Solución de problemas A5 A10 B9 B10 B11 C8 Avaliaranse os problemas/test para que os alumnos resolvan de forma autónoma.

20
Traballos tutelados A5 A6 A7 A8 Avaliarase a preparación e defensa de traballos realizados en grupo. 10
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS DE LABORATORIO:

Os estudantes que non realicen as prácticas de laboratorio non poderán presentarse á proba obxectiva e figurarán como “non presentados”.

Os alumnos repetidores que realizasen as prácticas de laboratorio nos dous cursos anteriores, poderán optar en realizalas novamente ou non. No caso de optar por non realizalas, debe solicitalo, e conservaría a puntuación dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os estudantes que non superaran a asignatura deberán realizalas prácticas obrigatoriamente.

AVALIACIÓN CONTINUA:

A asistencia ás clases de docencia interactiva son obrigatorias. Os alumnos que acumulen máis do 20% de faltas a clase sen xustificar, serán inmediatamente excluídos do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxectiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxectiva será un 90% da nota, sendo o 10% restante o correspondente ás prácticas de laboratorio.

AVALIACIÓN FINAL

·        Na segunda oportunidade de avaliación seguirase a mesma norma que para a primeira oportunidade.

·        Os alumnos con cualificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva ou non realizaron as prácticas de laboratorio.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia a avaliación consistirá na realización dunha proba escrita con cualificación de 50% mais a valoración dos traballos propostos con cualificación de 50%. A segunda oportunidade para estes alumnos rexerase polas mesmas normas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes