Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Sistemas Mecánicos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas Mecánicos Código 771G01008
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Gonzalez Varela, Francisco Javier
Correo electrónico
f.gonzalez@udc.es
Profesorado
Gonzalez Varela, Francisco Javier
Perez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
f.gonzalez@udc.es
jose.antonio.perez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Sistemas Mecánicos na Escola de Deseño Industrial da Universidade da Coruña está concibida coma un curso obrigatorio de 2º ano no que se analizan en detalle tódolos aspectos de interese para un adecuado dimensionado dos distintos elementos presentes nas máquinas e mecanismos mais comúns, cubrindo tanto os aspectos teóricos fundamentais coma a problemática específica da súa montaxe e funcionamento en condicións reais. A materia está dividida en dúas partes fundamentais: unha primeira parte na que se estudan os principios básicos de Resistencia de Materiais e unha segunda parte na que se estudan os elementos e compoñentes mais comúns presentes nas máquinas e mecanismos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non haberá modificacións nos contidos da materia; completarase o temario previsto na guía docente. Puntualmente, podería limitarse a extensión e profundidade dalgún tema para axeitalo aos tempos de clase non presencial establecidos pola Universidade no correspondente plan de continxencia. - As clases, entrega e presentación do traballo de grupo, e o exame final mantense na forma prevista, aínda que terán lugar de forma telemática. Se fora preciso, o contido previsto do traballo en grupo poderá ser modificado. 2. Metodoloxías - A docencia maxistral será impartida de xeito telemático a través da ferramenta Teams. As titorías terán lugar dentro do horario previsto utilizando Teams ou ben o correo electrónico ou o chat de Teams cando teñan lugar de forma asíncrona. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Os profesores da materia estarán dispoñibles para responder de xeito personalizado ás necesidades do alumno, a través dos medios telemáticos da UDC. 4. Modificacións na avaliación - Os criterios de avaliación permanecen sen modificación. Os exames serán realizados de xeito telemático cando non sexa posible facelos presencialmente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Os profesores da materia manifestan a súa dispoñibilidade para proporcionar a bibliografía e o material de traballo complementario que requiran os alumnos durante o período de docencia telemática, sempre dentro das posibilidades que permita a Universidade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes