Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Sistemas Mecánicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 A5 A10 A6 C8 Valorarase a asistencia e a participación activa nas clases. 2.5
Proba obxectiva B1 B2 B5 B6 B7 B9 B10 Ademais das distintas actividades programadas os alumnos deberán realizar un examen final sobre os contidos da asignatura, que constará nunha serie de cuestión teórico – prácticas, ademais dunha serie de problemas de aplicación, cunha duración total aproximada de dúas horas e media. 75
Traballos tutelados A1 A4 A5 A8 B4 B5 No traballo de curso os alumnos deberán analizar de forma colectiva tanto funcional como estructuralmente un elemento de uso cotidiano, de acordo coas directrices establecidas na clase. 20
Solución de problemas A1 A4 A5 A6 A7 A8 B5 B11 C3 C6 Valorarase a asistencia e a participación activa nas clases. 2.5
 
Observacións avaliación
Notas - Valores en %. A asistencia e participación en clase valórase de forma conxunta (teoría + problemas), cunha puntuación máxima do 5%. Para superar a materia, o alumno deberá alcanzar unha puntuación total superior a cinco puntos (50%), como suma de tódolos conceptos, sen que se teña establecida unha puntuación mínima necesaria en ningún dos conceptos.
Aqueles alumnos que conten con dispensa académica que os exima da asistencia a clase, deberán comunicalo ao profesor a principio de curso e para superar a materia, ademais de presentar o traballo tutelado nos días especificados, deberán realizar unha proba obxectiva específica na data establecida polo Centro, proba que terá unha ponderación do 75% e o traballo o 25% restante.
Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos cos da primeira.
A entrega dos traballos documentais que se realizarán nesta materia solicitarase en soporte informático.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes