Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Sistemas Mecánicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 A5 A10 A6 C8 Valorarase a asistencia e a participación activa nas clases.
5
Proba obxectiva B1 B2 B5 B6 B7 B9 B10 Ademais das distintas actividades programadas os alumnos deberán realizar un exame final sobre os contidos da materia na data prevista, que constará dunha serie de cuestións teórico – prácticas, ademais de varios problemas de aplicación, cunha duración total aproximada de dúas horas e media. 40
Traballos tutelados A1 A4 A5 A8 B4 B5 C6 C7 C9 No traballo de curso os alumnos deberán desenvolver de xeito colectivo un proxecto sobre calquera aplicación práctica relacionada cos contidos da materia, de acordo coas directrices establecidas na plataforma Moodle da materia. 20
Solución de problemas A1 A4 A5 A6 A7 A8 B5 B11 C3 C8 C9 Os alumnos achegarán unha serie de entregas durante o curso, definidas na plataforma Moodle da materia, que permitirán a avaliación continua do curso. 35
 
Observacións avaliación

Notas - Valores en %. A asistencia e participación en clase valóranse de forma conxunta co traballo de curso nun só bloque, que representa o 25% da nota final. Para superar a materia, o alumno deberá alcanzar unha puntuación total superior a cinco puntos (50%), como suma de tódolos conceptos, sen que se teña establecida unha puntuación mínima necesaria en ningún dos conceptos.
Aqueles alumnos que conten con dispensa académica que os exima da asistencia a clase, deberán comunicalo ao profesor a principio de curso e para superar a materia, ademais de presentar o traballo tutelado nos días especificados, deberán realizar unha proba obxectiva específica na data establecida polo Centro, proba que terá unha ponderación do 75% e o traballo o 25% restante.

Na segunda oportunidade, a cualificación correspondente á solución de problemas pasa ao exame final, incrementando a súa ponderación ata o 75 %, posibilitando aprobar a materia unicamente co exame final.

A entrega dos traballos documentais que se realizarán nesta materia solicitarase en soporte informático.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes