Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Deseño e Procesado con Polímeros
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na sesión maxistral a profesora, exporá na aula os principais conceptos de cada tema dos que consta a materia. Para isto apoiarase nos medios tecnicos dispoñibles: presentacións en powerpoint, videos, etc.
Posteriormente porá a disposición do alumnado uns cuestionarios de axuda ó estudo que lles servirá de guía para preparar a proba obxetiva.
Nas sesións maxistrales realizadas nas aulas, seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades .
Prácticas de laboratorio A maior parte da docencia interactiva realizarase durante ás prácticas de laboratorio. Nelas o alumnado dividido en grupos reducidos poderán ver a aplicación dos principais conceptos teóricos revisados na aula anteriormente. Estas clases poderán constar de videos interactivos, onde deberan traballar sobre os contidos do mesmo; practicas de procesado, conferencias, etc.
O final de cada clase, os estudantes cubriran un cuestionario respecto os distintos aspectos que se viron na practica, isto servirá para avaliar o seu traballo na mesma.
Nas sesións de laboratorio seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades .
Proba obxectiva A proba obxetiva consistirá nun exame escrito tipo test no que se avaliará os coñecementos adquiridos polo alumnado o longo do curso. Durante a realización do exame seguiranse as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades .
Proba de resposta múltiple Despois de cada sesión maxistral o alumnado que asistiu a clase poderán facer un test online sobre a materia vista na clase, a través da plataforma Moodle. O test seguirá a mesma metodoloxía que a proba obxetiva e puntuará na nota final.
O obxetivo é que os estudantes se acostumen a realizar este tipo de probas o longo do curso.
Aprendizaxe servizo A profesora proporá un proxecto de aprendizaxe-servizo durante o cuatrimestre onde os/as estudantes fagan un servizo a comunidade utilizando dalgunha maneira os conceptos vistos na materia. Debido a situación sanitaria provocada polo COVID19, reducirase o contacto presencial dos/as estudantes con persoas externas a comunidade universitaria. Naqueles momentos no que se faga necesario dito contacto, seguiranse as recomendacións sanitarias.
Traballos tutelados Unha parte da avaliación consistirá en facer un ou dous traballos en grupo. Estes traballos consistirá na aplicación de materiais poliméricos nun producto comercial, tendo en conta non so a selección do material, o proceso de fabricación mais idóneo senon tamen aspectos sobre a normativa aplicable o producto en sí, aspectos económicos (rentabilidade industrial), etc. A idea deste traballo e que o estudante correlacione os conceptos vistos na materia de forma práctica nun suposto real, que aprenda a consultar fontes bibliograficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo, etc.
O final do cuatrimestre cada grupo entregará unha memoria sobre o traballo realizado e tamén fara unha breve exposición oral ó resto da clase. Na xornada de exposición oral, seguiránse as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes