Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Deseño e Procesado con Polímeros
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 B4 B7 B11 C1 C8 Durante as practicas avaliaranse os coñecementos obtidos mediante cuestionarios e distintas actividades que se proporán nas mesmas. 20
Proba obxectiva A8 B2 B6 B11 Tratarase dunha proba tipo test onde se avaliaran os coñecementos acadados polxs alumnxs durante o curso.
Aplicaráse unha nota de corte de 25 sobre 50, mínimo para obter o aprobado da asignatura.
50
Traballos tutelados A4 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C6 C8 O longo do curso, proporanse un traballo tutelado en grupo.
O finalizar os traballos entregarase unha memoria escrita do mesmo e farase unha pequena presentación ó resto da clase.
A avaliación farase a través da rúbrica correspondente. En xeral, terase en conta a calidade da memoria escrita, a da presentación realizada o resto da clase e o traballo en grupo a través das tutorias específicas realizadas para o seguimento e orientación dos traballos.

10
Proba de resposta múltiple B2 B3 B5 B6 B10 C3 Consitirá en diversos test online (mediante a plataforma Moodle) a realizar polxs alumnxs que asistan a clase, despois de cada sesión maxistral 10
Aprendizaxe servizo A4 A10 B1 B9 C1 C4 Avaliarase a calidade do traballo polo método da rúbrica, que estará a disposición dxs alumnxs dende o principio de curso. De maneira xeral avaliarase o traballo en grupo, a implicación persoal, a calidade dos recursos selecciónados polo alumno e tamén a interación co colectivo o que vai dirixido o proxecto. 10
 
Observacións avaliación

A asistencia ás practicas de laboratorio é obrigatoria así coma a achega dos cuestionarios correspondentes para a súa avaliación. A non realización das prácticas, sen unha razón xustificada, supon un suspenso automático. Para aqueles alumnos que teñan  recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou aqueles que por causa xustificada falten algunha das sesións prácticas ó longo do curso, programaránse sesións de recuperacións.

Cada alumno deberá elixir obrigatoriamente unha actividade en grupo entre o proxecto de aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. A participación nunha é excluínte da outra. A non realización de ningunha das dúas, sen razón xustificada, supón un suspenso automático. Nesta actividade a puntuación máxima por alumno é de ata dous puntos na nota final.

As situacións especiais dos alumnos que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a asignatura de manera presencial, deben ser comunicadas ó profesor o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. O profesor dará as instruccións oportunas para que o alumno siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais ca mesma puntuación.

Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades da convocatoria (a de Xaneiro e a de Xullo).

Aqueles alumnos que decidan non presentarse á proba obxectiva (exame tipo test) terán a cualificación de non presentado na acta correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes