Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Deseño e Procesado con Polímeros
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisica Aplicada á Enxeñería/771G01002
Fundamentos de Materiais para á Enxeñería/771G01003
Enxeñería de Materiais/771G01004
Deseño Básico/771G01021
Deseño e Producto/771G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tecnoloxías de Desenvolvemento de Producto/771G01014
Reciclaxe e Medio Ambiente/771G01020
Administración e Organización Industrial/771G01034

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero:

1. A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado/aprendizaxe servizo) que se realicen nesta materia farase da seguinte maneira:

1.1.Entregarase en formato virtual e / ou soporte informático

1.2.No caso de ter que imprimir algo en papel, por exemplo, carteis, dípticos, etc... para a realización das actividades ApS  a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final.

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habititados na EUDI ou na rúa para tal fin. Os materiais empregados para a realización das experiencias ApS deben ser na medida do posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa recollida no caso de ser necesario.

3. Intentarase transmitir aos estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

4. Debe incorporarse a perspectiva de xénero nesta materia polo que os traballos entregados polos estudantes e o material preparado polo profesor deben usar linguaxe non sexista.

5. Facilitarase a plena integración dos estudantes que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Estas reglas aplicaránse tamén no caso dos traballos de aprendizaxe servizo preparados polos estudantes en entidades que traballen con usuarios con algún tipo de discapacidade. Os estudantes adaptarán os materiais de tal maneira que se facilite o aprendizaxe de todos os usuarios.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes