Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Expresión Gráfica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Expresión Gráfica Código 771G01015
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Souto López, José Ramón
Correo electrónico
jose.souto@udc.es
Profesorado
Souto López, José Ramón
Correo electrónico
jose.souto@udc.es
Web http://www.eudi.udc.es/
Descrición xeral Fundamental na formación do enxeñeiro en deseño industrial, é o dominio da linguaxe gráfica como medio universal de comunicación e representación de ideas sobre deseños e productos. O debuxo técnico é un medio eficaz para a comunicación de conceptos de enxeñaría, como están relacionados os desenvolvementos do pasado coas técnicas modernas, mostrando por qué na actualidade os enxeñeiros teñen maior necesidade de dominar a comunicación gráfica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión Maxistral Prácticas de Laboratorio Seminarios *Metodoloxías docentes que se modifican Non se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das prácticas. Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e das prácticas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola. De 1 a 2 sesións semanais para o seguimento e apoio na realización das prácticas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se modifica. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase, mínima do 80%. B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Participación nas actividades de clase mínima do 80%. 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das prácticas obxecto de avaliación e de a proba obxectiva. 3. Entregar as prácticas na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. A información e documentación necesaria para o seguimento da asignatura será suministrada polo profesor.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes