Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Semiótica e Psicoloxía da Percepción
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A7 A8 A9 B1 B4 No laboratorio levaranse a cabo pequenos exercicios individuais e en grupo, que se entregarán ao remate da clase ou (de non ser o caso) na forma estimada polo profesor.
50
Proba mixta B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 Test e pregunta curtas.
30
Traballos tutelados A2 A4 A6 Ao longo da materia o alumnado desenvolverá un traballo proposto polo profesor.
(Presencial e traballo autónomo do alumnado). Partindo dun formato seminario dun tema concreto, realizarase unha aproximación á realidade estudada a través da aprendizaxe activa do alumno e búsqueda de información.
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso ter aprobado a parte das prácticas de laboratorio e o traballo proposto.

Cada traballo ou exercicio práctico non entregado no tempo e forma estipulados supón a súa anulación.

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos traballos e prácticas supoñen unha penalización na cualificación.

Actuación contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os alumnos/ as con dispensa académica deben contactar co profesor a fin de acordar un itinerario personalizado que permita suplir as ausencias ás sesións maxistrais, horas de traballo en aula e á conferencia / masterclass planificadas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes