Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Marketing
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Os alumnos desenvolverán un traballo que será tutelado polo docente e por tanto terá apoio titorial.Formaranse grupos reducidos de alumnos/as, entre 4 e 7 alumnos/as. O traballo ten por obxectivo a aplicación dos conceptos e fundamentos que se explican en clase ao longo da materia. O docente irá tutorizando e realizando o seguimento do grupo de forma gradual de maneira que o grupo poida ir desenvolvendo o traballo paulatinamente a medida que se desenvolve a materia. Desta forma conséguese unha docencia interactiva, práctica e unha participación activa por parte do alumno ao longo do proceso de aprendizaxe.

A entrega e/ou presentación do traballo estaría planificada para as dúas últimas semanas do período lectivo aínda que se axustará á organización do grupo que desenvolverá o traballo. Haberá un incentivo para o grupo que queira presentar e defender o traballo de ata 0,5 puntos.
Proba de resposta múltiple Test de resposta múltiple individual: 20 preguntas tipo test. Cada pregunta mal contestada penaliza un terzo do valor da pregunta
Estudo de casos Os grupos reducidos de alumnos/as que se formarán para desenvolver o traballo tutelado tamén deberán resolver un caso práctico. O grupo deberá resolver un caso práctico que será resolto nun periodo de 1,5 horas.

Para a programación da data do caso práctico a resolver polo grupo reducido existirán duas posiblidades: unha posibilidade é ao finalizar os temas 1-6, ambos incluidos, e outra posiblidade será ao finalizar o temario completo (1-9). O docente e o grupo acordarán a data de realización da proba.

Sesión maxistral Explicación en clase dos diferentes temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais. Valórase a participación activa do alumno e dos diferentes membros do subgrupo formado
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes