Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Márketing
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Se deberá formar un equipo de traballo que será tutelado polo docente e por tanto terá apoio titorial. Formaranse grupos reducidos de alumnos/as, entre 4 e 7 alumnos/as. Poderiase aceptar que fora de mais alumnos ou alumnas sempre que exista acordo entre os membros do grupo. O traballo ten por obxectivo a aplicación dos conceptos e fundamentos da metodoloxia de marketing e deseño que se explican na primeira parte da materia.

O docente irá tutorizando e realizando o seguimento do grupo de forma gradual de maneira que o grupo poida ir desenvolvendo o traballo paulatinamente a medida que se desenvolve a materia. Desta forma conséguese unha docencia interactiva, práctica e unha participación activa por parte do alumno ao longo do proceso de aprendizaxe.

A entrega e/ou presentación do traballo estaría planificada para finais do mes de outubro (ultima semana de outubro). Non é necesario facer a presentación. O formato de entrega é dun poster en tamaño din A3.
Proba de resposta múltiple Test de resposta múltiple individual: 20 preguntas tipo test. Cada pregunta mal contestada penaliza un terzo do valor da pregunta.
Proba mixta Preguntas de resposta breve. Trátase de saber aplicar os fundamentos teóricos a casos reais do mercado e de saber responder a preguntas curtas baseados nos fundamentos teóricos e de resolver exercicios baseados na politica de produto, prezos e marcas. Valórase a precisión e claridade da resposta.
Sesión maxistral Explicación en clase dos diferentes temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais. Valórase a participación activa do alumno e dos diferentes membros do subgrupo formado
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes