Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Historia do Deseño
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia do Deseño Código 771G01039
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Caridad Graña, Juan Antonio
Fuertes Dopico, Óscar
Muñiz Núñez, Patricia
Pérez Sanchez, Yolanda
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
juan.caridad@udc.es
oscar.fuertes@udc.es
patricia.muniz@udc.es
yolanda.perez@udc.es
Web
Descrición xeral Fundamental na formación da/o Enxeñeira/o en Deseño Industrial e Desnvolvemento de Produto é o coñecemento das orixes da súa disciplina. Partindo do entendemento da Historia do Deseño como un proceso continuo e non como un conxunto de respostas xa dadas, interesa por riba de todo o coñecemento dos plantexamentos que outros deseñadores tiveron no momento de abordar o proxeto. Este enténdese como un proceso inteletual de natureza reflexiva, no que as compoñeentes racionaiss e intuitivas confluyen na resposta que da o deseñador ante un problema plantexado, e cuxa solución é o obxeto de deseño industrial, que se materializa en cada época cos seus propios condicionantes culturaias e as súas posibilidades técnicas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial total ou parcialmente. *Metodoloxías docentes que se modifican Non está previsto modificar metodoloxías docentes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o Correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ao comezo do curso. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados: 40%. Práctica de elaboración persoal de comentario e análise escrito e gráfico dun obxecto, co gallo de potenciar a crítica rigorosa como medio de reflexión e coñecemento. Nalgúns casos, a análise será comparativa entre dous obxectos de uso idéntico. Realizaranse no tempo non presencial, utilizando a plataforma Moodle. Faranse 9 durante o curso, coa seguinte distribución na nota final:1-3: 8 % (20% da nota de prácticas); 4-6: 12 % (30% da nota de prácticas) ;7-9: 20 % (50% da nota de prácticas) Proba obxectiva: 60%. A proba obxectiva consta de dúas partes:1. Teoría:1 tema a desenvolver. (20%) / 2. Práctica: análise crítico comparativo (40%) *Observacións de avaliación: Suprímense aqueles criterios que implican asistencia e presencialidad. Este principio terá validez temporalmente desde o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia. Mantense o resto dos criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes