Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Estética
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 B1 B6 B11 C1 Varias cuestións teórico-prácticas consistentes en preguntas concretas a respostar na súa totalidade, que permitan verificar a asimilación dos contidos da materia. 30
Traballos tutelados A1 A2 B3 B6 C1 C3 C8 Realización satisfactoria correspondente á axeitada progresión ó longo do curso das prácticas e traballos de curso. 70
 
Observacións avaliación

Para a avaliación da materia considerarase a suma ponderada de traballo/s tutelados mais a proba obxectiva. Cada unha das partes valorarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de puntuación de 3 en todas elas para poder superar a materia.
A asistencia e participación nas clases presenciais será necesaria para ser avaliado, cun mínimo admisible dun 80%, sen admitirse xustificantes para diminuir esa porcentaxe.
As probas teórico-prácticas obxectivas consistirán en preguntas concretas que terán que ser respostadas na súa totalidade e nas que se valorará a aportación gráfica do alumnado.
O/s traballo/s tutelado/s serán exercicios prácticos de elaboración personal ou grupal nos que poderá ser utilizado soporte  TIC


Para poder presentarse a calquera das oportunidades o alumno terá que ter entregados os traballos individuais e grupais do curso en plazo, así como cumprida a asistencia mínima. Os traballos que sexan entregados fóra de prazo serán valorados ó 50%

Nos casos de avaliación de alumnado a tempo parcial, reducirase un 50% a asistencia mínima e manteranse as porcentaxes de cualificación de traballos tutelados e proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes