Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Expresión Artística
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Expresión Artística Código 771G01041
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Expresión Gráfica Arquitectónica
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Fraga Lopez, Francisco Javier
Correo electrónico
javier.fraga@udc.es
Profesorado
Fraga Lopez, Francisco Javier
López Salas, Estefanía
Correo electrónico
javier.fraga@udc.es
estefania.lsalas@udc.es
Web http://artistica.udc.es
Descrición xeral Esta asignatura ten un dobre obxectivo: 1) Dotar ó alumnado da capacidade suficiente para debuxar á man alzada (bocetar), entendendo esta capacidade como básica e necesaria para o seu desenvolvemento no entorno profesional do deseño industrial. 2) Acadar que o alumnado adquira os coñecementos fundamentais que lle permitan afrontar a análise das formas (no obxeto industrial) por medio do debuxo a man alzada. Paralelamente a estes obxetivos o alumnado irá tomando coñecemento do deseño industrial a través de exemplos seleccionados nos que se apoia tanto a docencia teórica como as prácticas a realizar.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Sesion maxistral - Obradoiro - Traballos tutelados -Proba obxectiva *Metodoloxías docentes que se modifican: No caso de que as limitacións espaciais motivadas polas medidas de prevención e saúde, ou outros condicionantes relacionados coa pandemia, imposibiliten levar a cabo de forma presencial algunha das metodoloxías descritas, estas adaptaranse a unha docencia on-line empregandose as plataformas institucionais (Teams e Moodle). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos da materia. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado de dispor dos materiais facilitados, para a entrega de traballos ou para o emprego de foros temáticos. – Teams: Temporalidade: Esta dinámica axustarase ao desenvolvemento temporal da materia que tiña en modo presencial, coas sesións semanais necesarias para poder desenvolver todas as clases expositivas e interactivas, así como para realización de tutorías. 4. Modificacións na avaliación Obradoiro: 30% --> Prácticas presenciais e non presenciais. Todas elas entregadas por Moodle ou Onedrive. Traballos tutelados 30% --> Traballos desenvolvidos ao longo do cuatrimestre e entregados por Moodle ou Onedrive. Proba obxectiva 40% --> Exercicios finais de avaliación individual relacionados cos exercicios realizados durante as clases do curso. Realizados por Teams e entregados por Moodle. *Observacións de avaliación: Non se realizan modificacións. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía En caso necesario, para os traballos que se han de realizar, facilítaselles a bibliografía necesaria en formatos PDF a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes