Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Expresión Artística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 A7 A8 B2 B5 B6 B9 B10 B11 A proba obxectiva serve de control para avaliar a maduración final do alumnado ó término da asignatura. Esíxese unha cualificación mínima de 5 para superar a materia. 50
Obradoiro A1 A2 A4 A5 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B10 C3 C7 C8 Avaliación das prácticas e traballos realizados na aula e/ou completados fóra. Estes traballos deben dar idea da maduración do alumnado na asignatura. É precisa a realización, en tempo e forma, dos traballos propostos para poder ser avaliado. Estes traballos non se devolverán ó alumnado. 25
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A9 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C7 C8 É unha parte fundamental da avaliación xunto cos traballos realizados no obradoiro. A súa elaboración coa mínima calidade esixible é indispensable para a súa consideración. Estes traballos non se devolverán ó alumnado. 25
 
Observacións avaliación

A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para a realización das prácticas e traballos no taller, como para as clases teóricas. Unha asistencia inferior ó 80% pode comprometer a avaliación positiva na materia, agás naqueles casos de alumnado que teña un recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

O alumnado que se presente á proba obxectiva (exame), tendo presentado os exercicios correspondentes ás partes do obradoiro e dos traballos tutelados, pero que non supere a materia aplicando as porcentaxes sinaladas, figurará en actas coa cualificación final obtida a partires desas porcentaxes.

O alumnado que se presente á proba obxectiva (exame), non tendo presentado os exercicios correspondentes ás partes do obradoiro e aos traballos tutelados, figurará en actas coa cualificación final de "NP".

As prácticas do obradoiro, os traballos tutelados e a proba obxectiva (exame) só terán validez para o curso actual (primeira e segunda oportunidade, respectivamente), e deberán repetirse nos seguintes cursos académicos.

Aplícanse os mesmos criterios de avaliación na primeira e na segunda oportunidade. Estes criterios son os mesmos para o alumnado matriculado en réxime de dedicación a tempo completo como no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Ao alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a primeira e segunda oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes