Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Técnicas da Expresión Artística Aplicada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A7 A8 B9 B10 Haberá que realizar varios traballos ao longo do curso. Levaranse a cabo de xeito individual ou en grupo.
Os criterios de valoración destes traballos expoñeranse en clase e publicaranse no Moodle da materia.
A entrega fóra de prazo de calqueira destes traballos está penalizada cunha minoración do 30% na nota. Esta condición rexe tamén para a eventual entrega na convocatoria de segunda oportunidade: todas as entregas na segunda oportunidade teñen esta penalización por considerarse entregas fora de prazo.
60
Obradoiro A8 B4 B6 C6 Encargaranse unha serie de traballos sinxelos (entre 8 e 10; o número dependerá do desenrolo do curso e das circunstancias de presencialidade ou non presencialidade) que se discutirán mediante técnicas da dinámica de grupo co profesor nas sesións.
Para que os traballos sexan evaluados é condición imprescindible ter asistido á sesión onde se presentaran e discutiran.
Os traballos entregados fora de prazo teñen unha penalización do 30% na nota.
20
Proba obxectiva A7 A8 B6 Consistirá na realización dunha proba de respostas múltiples con cuestións teórico-prácticas relacionadas co contido da materia. É preciso obtener a lo menos unha puntuación de 3 sobre 10 nesta proba para superar a asignatura tanto na convocatoria ordinaria coma na de segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

Os alumnos que non cumpran a condición de obter un mínimo de 3 sobre 10 na proba obxectiva e teñan unha nota media ponderada, segundo os conceptos avaliables, superior ou igual a 5.0, serán cualificados no total da materia cun 4,9 (suspenso).

Na convocatoria de segunda oportunidade, a nota obterase mediante a media ponderada das cualificacións dos traballos tutelados (60%), os traballos encargados nos obradoiros (20%) e a nota do exame final (20%). Non entanto, nesta convocatoria so es posible presentarse ao exame e/ou facer os traballos tutelados individuais. Manterase para o cómputo da nota final a cualificación de "obradoiro" obtida durante o curso. Os traballos tutelados para a convocatoria de segunda oportunidade comunicaranse cun prazo suficiente e poderían non ser os mesmos que se encargaron durante o curso.

Os alumnos con dispensa académica ou aqueles que concorran á convocatoria adiantada, serán avaliados mediante os traballos tutelados individuais e un exame do contido da materia. A nota obterase promediando as notas dos traballos (70%) e do exame (30%).

As cualificacións obtidas en calqueira das metodoloxías que serven para a avaliación final só son válidas no curso académico no que son cualificadas (non se gardan notas para cursos posteriores nin se rescatan de cursos anteriores).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes