LICENCIADO EN PSICOPEDAGOXÍA |
![]() |
![]() |
![]() |
Datos Identificativos | 2011/12 | |||||||||||||
Asignatura | Administración e Supervisión de Centros | Código | 652711606 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Primeiro-Segundo | Optativa | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Na sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. |
Portafolios do alumno | O portafolios do alumno enténdese como un instrumento destinado a fomentar a reflexión e a construcción do coñecemeto. Irase proporcionando unha serie de materiais (referencias bibliográficas, experiencias desenvoltas en centros, etc.) que, xunto coa valoración crítica dos estudos de casos realizados durante o curso, serviranlle ao alumno/a para elaborar o seu propio discurso sobre a administración e supervisión de centros educativos. |
Estudo de casos | As actividades de estudo de casos versarán sobre a presentación de situacións, reais ou verosímiles, centradas no ámbito educativo para a súa análise crítica, desde a óptica da administración e supervisión de centros. |
Análise de fontes documentais | As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos. |
|