Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Técnicas de Organización e Redacción de Textos Orais e Escritos-Galego
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha proba inicial para comprobar o nivel de lingua e de dominio da redacción consistente na corrección e mellora de dous textos e na elaboración dun texto novo do ámbito administrativo.
Lecturas Entregarase o primeiro día de aulas un dossier con lecturas obrigatorias sobre diferentes aspectos do programa que servirán de complemento aos contidos teóricos expostos nas aulas presenciais.
Recensión bilbiográfica Entre as lecturas obrigatorias incluídas no dossier cada alumno ou alumna deberá realizar, de acordo co profesor/a, a recensión por escrito de unha delas e a correspondente exposición oral.
Sesión maxistral En cada sesión haberá unha presentación inicial de contidos teóricos que desenvolvan o programa do curso, seguida de actividades prácticas e discusións dirixidas.
Traballos tutelados Realizaranse dous traballos relacionados con algunha das seccións dos temas do programa que seleccionará o alumnado: un de modo individual e outro en grupo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor ou coa profesora para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula.
Discusión dirixida Após á exposición teórica de contidos, e á parte da posibilidade de o alumnado realizar en calquera momento as preguntas que estimar convenientes, someteranse a debate regularmente algúns aspectos do programa elixidos polo/a profesor/a, quen tamén irá sinalando o alumno ou alumna que deberá iniciar o debate. Trátase tamén de practicar o discurso oral e de mellorar a súa técnica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes