Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Variación no Espazo
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A capacidade crítica, a claridade na exposición e o rigor na argumentación, ben como a calidade da lingua, serán aspectos a que se concederá unha especial atención. 10
Proba de ensaio Nesta proba, concederase especial atención á adecuación das respostas ás cuestións formuladas, a clareza expositiva e o uso dunha lingua de calidade. 40
Análise de fontes documentais A capacidade de analizar diversas fenomenoloxías lingüísticas en termos de variación (as causas, o contexto, as implicacións etc.) e o uso dun modelo de lingua digno consideraranse para a avaliación final 10
Traballos tutelados Neste tipo de probas, serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. 40
 
Observacións avaliación


1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba de ensaio deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.


2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.


3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.


4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior.


5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba de ensaio.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes