Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Xénero, igualdade e educación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo.
15
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 25
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 60
 
Observacións avaliación

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:


 OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (>80%): a) Elaboración dun portafol grupal no que se recolleránas prácticas propostas relacionadas coa lectura e análise de materias diversos, as notas relativas ós grupos de discusión e as sesións maxistrais(25%); e un  proxecto coeducativo que será exposto na aula (15%).b) Exame sen material sobre os contidos da materia (60%)


 OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (<80%): a) Proba mixta sobre os contidos da materia(80%) b) Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica e que será acordado coa profesora durante o mes de marzo para a convocatoria de xuño e no mes de abril para a de xullo (20%).


 En calquera das dúas opcións é preciso obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. Asemade nas probas escritas é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas cuestións prantexadas. En caso contrario a cualificación será de Suspenso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes