Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Didáctica da lingua castelán |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da lingua castelán | Código | 652G01018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | As actividades que se desenvolvan nas sesións interactivas supoñerán un 10% da cualificación da materia; con outras palabras: pola súa realización (e entrega, cando sexan exercicios escritos) caberá obter un punto como máximo. Obviamente, os/as estudantes que se manteñan á marxe destas tarefas (sexa por non asistir ás sesións interactivas, sexa por non levar a cabo os labores que o profesor lles encomende) non poderán acadar unha cualificación final de dez puntos. | 10 |
Proba obxectiva | Esta actividade (que consistirá, como xa se dixo, nun control de lectura) supoñerá un 60% da cualificación da materia; dito doutro xeito: a súa realización achegaralle ao/á estudante un máximo de seis puntos. A fin de evitar malentendidos potencialmente graves, cómpre subliñar que a superación desta proba é condición necesaria para superar a materia. Así pois, quen fique por debaixo dos dous puntos e medio ficará inmediatamente suspenso, con independencia dos resultados que acadase noutras tarefas. | 60 |
Traballos tutelados | Esta actividade (que se realizará de xeito individual) supoñerá un 30% da cualificación da materia, isto é, contribuirá a ela cun máximo de tres puntos. Obviamente, todo aquel traballo no que se detecten plaxios —mellor dito: no que se detecten un ou máis casos de plaxio— recibirá a cualificación de cero. O/a estudante que o asine só poderá superar a materia se obtén un mínimo de cinco puntos coa proba obxectiva e co labor desenvolvido nas sesións interactivas. | 30 |
Observacións avaliación | ||
|