Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar un informe/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Este traballos faranse en grupo. 40
Traballos tutelados Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación
20
Proba mixta GRUPO A.
Esta proba de carácter individual de carácter mixto (é dicir, inclúe preguntas de recordo libre e de recoñecemento sobre os contidos teórico-prácticos)lrealizarase ao finalizar cada un dos temas da materia, para verificar o grao de adquisición das competencias do saber e saber facer.

GRUPO B.
Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anulan unha ben.
40
 
Observacións avaliación

GRUPO A:


CONVOCATORIA. Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas modalidades de seguir a materia que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final;


Modalidade A: Avaliación Continua. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades prácticas de cada tema realizadas de forma individual e en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así contabilizarase como unha ausencia).


Esta avaliación levarase a cabo a partir dun dossier ou carpeta de traballo (portafolio) que incluirá:


a/ As actividades individuais e de grupo de cada un dos temas que suporán un máximo dun 20% da cualificación;


b/ O proxecto de investigación a realizar en grupo que suporá un máximo do 40% da cualificación.


Para superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as actividades propostas para cada tema e investigación; e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas traballadas.


c/ As probas mixtas individuais sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 40% da cualificación.


Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico e prácticos da materia (isto supón que individualmente terán que realizarse tódalas actividades propostas na materia xunto co proxecto de investigación, e conxuntamente cos contidos teóricos serán  obxecto de preguntas na proba final). A data para esta proba será a fixada polo Centro.


OUTRAS CONVOCATORIAS Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.


GRUPO B:


Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.


Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (85%):
Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
Coñecementos teóricos: Mediante a Proba de resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final. Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.


Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (85%)
Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,33 % da nota final.
Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 % Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible.


NOTAS.


1. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).


2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes