Grao en Química |
Asignaturas |
Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química | Código | 610G01036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A presencia activa nas sesións maxistrais computará, proporcionalmente, cun máximo dun 10% na nota final sempre e cando esta presencia sexa igual ou maior ó 90%. | 10 |
Solución de problemas | Durante a semán entregarán-se cuestións prácticas ó alumnado para que traballen na súa resolución. As cuestións resoltas deberán ser entregadas ó profesor antes da clase de resolución das mesmas. A entrega de traballos resoltos computará, proporcionalmente, ate un máximo de 20% da nota final. | 20 |
Traballos tutelados | Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará oralmente un pequeno traballo en equipos reducidos. Avaliarase a claridade de contidos, a presentación e redacción da memoria presentada. Do mesmo xeito, avaliarase a claridade na exposición oral do mesmo e o grao de aprendizaxe dos conceptos presentados no curso. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a eleboración e presentación do mesmo dentro dos plazos fixados no seu momento. | 20 |
Proba mixta | Realizarase unha proba mixta escrita de toda a materia. que contemplará cuestións teóricas e prácticas. Esta proba ten carácter obrigatorio, sendo puntuada de 1 a 10 puntos, proporcionalmente. Para computar na nota final será preciso ter alomenos catro puntos na mesma. | 50 |
Observacións avaliación | ||
A proba mixta estará composta de dúas partes: Unha teórica e outra práctica que abranguerá a materia teórica e a resolución de problemas tratados durante o curso. O peso das partes na nota final será dun 15% para a parte teórica e un 35% para a de resolución de problemas. A nota desta proba sumarase á cualificación dos traballos tutelados obtida no curso. Para supera-la materia será preciso obter, tanto na proba mixta como no resto de actividades avaliables, unha nota non inferior a 4 e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades, unha nota mínima de 5. Para que se teña en conta as calificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso obte-la calificación mínima indicada anteriormente para cada unha delas. De non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas, a materia figurará como suspensa (4,5). Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20 % das actividades avaliables programadas. As calificaciones dos seminarios e traballos tutelados conservaránse na segunda oportunidade, namentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade sustituirá á obtida na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se teñen cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. Nos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso , incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso. |
|