Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Literatura Poscolonial |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2013/14 | |||||||||||||
Subject | Literatura Poscolonial | Code | 613G03026 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Third | Obligatoria | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Workbook | Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia. |
Document analysis | Este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise textual, neste caso da narrativa ou poema que se está a estudar en cada tema, e será a metodoloxía máis utilizada nas aulas de docencia interactiva (DI), co grupo intermedio, xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados e redactados en clase, neste caso nomeadamente nas clases co grupo grande (DE) serán recollidos pola profesora e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo análises textuais nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xuño e xullo). |
Guest lecture / keynote speech | Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e se proporcionarán pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). |
Directed discussion | Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, o alumnado será animado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Pode ter lugar ocasionalmente nas clases correspondentes ao grupo grande, pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas ao grupo intermedio, de docencia interactiva. |
Long answer / essay questions | Estas probas inclúen tanto exercicios de clase como probas finais. Consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas (essay questions). A meirande parte destes exercicios levaranse a cabo en clase (previsiblemente no horario correspondente ao grupo completo), se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo probas de ensaio nas datas oficiais de exames (xuño e xullo). |
Problem solving | Este tipo de metodoloxía atenderá tanto ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises, estudo de casos e probas, como aos problemas prácticos plantexados nos traballos e presentacións orais. |
|