Proba mixta |
Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. |
50 |
- Entrega de traballos tutelados
(tarefas escritas): 25 de outubro, 22 de novembro e 20 de decembro
2013. É necesario entregar todos os traballos especificados polos
profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas. Non serán
recollidos para a súa avaliación os traballos dos alumnos que non
asistan polo menos ao 80% das clases interactivas (reading/writing skills); controlarase a asistencia con firma en todas as clases. - Proba mixta: data aprobada pola Xunta de Facultade para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o cuatrimestre). Esta data non é negociable.
- A segunda oportunidade, en xullo, según o calendario aprobado pola Xunta de Facultade, consistirá en repetir a(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s).
- A oportunidade de xullo non é para millorar a nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar a(s) parte(s) non aprobada(s).
- No se pode superar a materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
- As datas para a entrega de tarefas e para a realización do examen oral deben respetarse; calquer incidencia que impida cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
- Obterá unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á proba mixta e/ou que realizara menos do 50% do resto das tarefas da materia.
Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Para mais detalles, véxanse --Recomendacións--.
|