Presentación oral |
Exposición oral de 5 minutos, en inglés, sobre un tema monográfico asignado polo profesor. A valoración efectuarase mediante unha rúbrica que recolle tanto aspectos formais como de contido, e representará un máximo de 10 puntos.
A presentación oral deberá ir acompañada dun pequeno guión descritivo do seu contido, en inglés, con indicación das principais fontes documentais (1 páxina A4, con letra tamaño 12 e como máximo 10 referencias bibliográficas), que terá un valor máximo de 5 puntos.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A21 e A24. |
15 |
Aprendizaxe colaborativa |
Varias pregutas de tipo test que deberán responderse ao final de cada sesión de aprendizaxe colaborativa. Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27. |
20 |
Prácticas a través de TIC |
Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter polo menos 8 puntos nesta proba para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A21, A24 e A27. |
15 |
Proba obxectiva |
Conxunto de 20-30 preguntas de distinto tipo (alternativa múltiple, resposta breve, completar, asociación, etc) relacionadas con calquera dos contidos do temario. Corresponde ao exame final da materia. É imprescindible obter polo menos 20 puntos nesta proba para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27. |
40 |