XERAIS DA MATERIA
Poden explicar por escrito cales son os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
Son capaces de aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados nas alteracións específicas da linguaxe e a comunicación.
Poden realizar unha avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención; os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe.
Son capaces de redactar un informe de avaliación.
Foron capaces de realizar unha avaliación tras a intervención.
Poden reflexionar por escrito acerca dos problemas e avances no ámbito da avaliación da linguaxe e a comunicación.
Adquirir un coñecemento práctico da avaliación na área da linguaxe e a comunicación.
Coñecer a actuación profesional e os ámbitos onde se desenvolve a práctica.
Adquirir ou desenvolver os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
Realizar a selección, avaliación e aplicación de recursos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na prevención e intervención sobre as dificultades de aprendizaxe relacionadas co desenvolvemento da linguaxe e a comunicación.
|
AP1 AP2 AP3 AP6
|
BP2 BP4
|
CP2
|