Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Competencias da titulación


Tipo A Código Competencias da titulación Específicas
  A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  A3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  A4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
  A5 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, coma mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
  A6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  A7 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
  A8 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de canalizacións, canles e sistemas de fluídos.
  A9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais.
  A10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
  A11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
  A12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
  A13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
  A14 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
  A15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
  A16 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade.
  A17 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
  A18 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
  A19 Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica.
  A20 Coñecementos e capacidade para o cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais
  A21 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
  A22 Coñecemento aplicado de electrónica de potencia.
  A23 Capacidade para o cálculo e deseño de máquinas eléctricas.
  A24 Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
  A25 Coñecemento aplicado sobre enerxías renovables.
  A26 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos energéticos.
  A27 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
  A28 TFG Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
  A29 Capacidade de resolver problemas mediante o computador, neste caso o desenvolvemento de algoritmos e/ou programas.
  A30 Comprender a representación da información no computador.
  A31 Coñecer a estrutura funcional dun computador e os seus compoñentes principais.
  A32 Adquirir coñecementos sobre a estrutura e funcións dun sistema operativo.
  A33 Coñecer os fundamentos das redes de computadores e de Internet.
  A34 Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica.
  A35 Coñecementos sobre as leis do electromagnetismo para as súas aplicacións electrotécnicas.
  A36 Optimización dos procesos de combustión, a enerxía obtida e as emisións.
  A37 Coñecemento dos procesos de transferencia de masa e separación de partículas que permita optimizar os equipos nas instalacións.
  A38 Coñecemento dos cálculos térmicos necesarios para as optimización de instalacións de vapor.
  A39 Coñecemento dos cálculos térmicos necesarios para a optimización de instalacións de vapor de coxeración.
  A40 Coñecemento dos cálculos e procesos necesarios para acondicionamento das augas en instalacións.
  A41 Coñecementos dos problemas a resolver para a optimización das xestión enerxética de instalacións térmicas.
  A42 Coñecemento dos gases combustibles, da súa obtención e das súas aplicacións.
  A43 Modelar matematicamente sistemas e procesos de todos os ámbitos da enxeñaría e resolver o modelo por medio de técnicas numéricas.
  A44 Programar e aplicar métodos numéricos para a análise de modelos matemáticos en enxeñaría.
  A45 Coñecemento dos aspectos económicos da enerxía e realización de balances energéticos.
  A46 Coñecemento da tecnoloxía nuclear para xeración de enerxía eléctrica.
  A47 Coñecemento da tecnoloxía nuclear no campo industrial.
  A48 Coñecemento dos mecanismos de fallo por fractura dos materiais.
  A49 Capacidade para predicir a duración en servizo dos materiais.
  A50 Capacidade para proxectar recipientes a presión interna ou externa e instalacións de conducións de fluídos.
  A51 Coñecer a interrelación entre a formulación ou fabricación dos combustibles, o funcionamento dos motores e equipos nos que se empregan, o funcionamento destes e o medio ambiente.
  A52 Coñecer os conceptos fundamentais da tecnoloxía e operacións básicas que comprende o refino do cru de petróleo, como fonte que é, da maioría dos combustibles industriais actuais.
  A53 Capacidade para o deseño e fabricación de elementos de materiais compostos.
  A54 Coñecemento do control de calidade do proceso de fabricación e do produto rematado.
  A55 Coñecemento dos procesos de obtención do aceiro.
  A56 Coñecemento dos diferentes tipos de aceiros e as súas aplicacións na industria.
  A57 Coñecemento das aplicacións das fundicións,
  A58 Coñecemento da metalurxia do aluminio e do cobre e das aplicacións das súas aliaxes.
  A59 Coñecemento doutras aliaxes metálicas para aplicacións específicas.
  A60 Capacidade para o deseño e fabricación con materiais non metálicos.
  A61 Coñecemento do control da calidade do proceso de fabricación e do produto rematado.
  A62 Coñecemento dos procedementos de procesado dos materiais polímeros.
  A63 Coñecemento dos procedementos de procesado dos materiais cerámicos.
  A64 Coñecemento dos procedementos de procesado dos materiais metálicos.
  A65 Capacidade para a resolución de problemas matemáticos que poidan formularse en enxeñaría. Simulación. Optimización. Coñecemento de programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  A66 Coñecemento das aplicacións do láser con especial énfase no Procesado e Análise de Materiais.
  A67 Ampliación dos coñecementos e capacidades para o cálculo e deseño de complexos industriais e empresariais.
Tipo B Código Competencias da titulación Transversais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaboradora.
  B6 Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
  B8 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
  B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
  B10 Actitude orientada á análise.
  B11 Actitude creativa.
  B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
  B13 Capacidade de comunicación oral e escrita.
  B14 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
  B15 Concepción espacial.
  B16 Fixar obxectivos e tomar decisións.
  B17 Analizar e descompoñer procesos.
  B18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
  B19 Motivar ao grupo de traballo.
  B20 Capacidade de negociación.
  B21 Abertos ao cambio.
  B22 Vontade de mellora continua.
  B23 Positivos fronte a problemas.
Tipo C Código Competencias da titulación Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes