Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  

Que é o PAT?

O plan de acción titorial

Obxectivo xeral: ofrecer aos estudantes de cada curso unha persoa de referencia que os/as apoie e oriente no seu desenvolvemento académico, persoal e na adaptación ao contexto curricular e social universitario.

 

A Facultade de Ciencias da Educación estende a acción titorial a todos os seus estudantes, de xeito que mediante a titoría universitaria se poida contribuír a formalo/a en múltiples vertentes: académica, profesional, persoal, social e administrativa. A titoría do PAT non se pode confundir coas titorías das materias que están centradas nos contidos académicos e as competencias que a materia debe desenvolver dentro do plan de estudos do título. 

 

Cada estudante terá asignado un/ha profesor/a de referencia que o será até que finalice os seus estudos de grao. Será responsabilidade do equipo decanal a vinculación de cada estudante a un profesor titor en todas as titulacións, agás no grao de Logopedia en que a persoa de referencia para cada promoción será o seu coordinador/a de curso, que desempeñará o seu papel como referente durante os catro cursos do grao. Para os efectos do plan de acción titorial do grao de Logopedia todo o seu profesorado considérase titor posto, que deberán atender as consultas que o coordinador de curso lles puider derivar polo seu especial coñecemento ou preparación. 

 

En xeral, a función dos profesores referentes  será recibir as consultas dos estudantes e derivalas, de ser o caso, cara ao/á profesor/a, ou ao persoal ou servizo, máis apropiado.  

 

Xunto co profesor/a responsable da titulación os titores/as e, no seu caso, os coordinadores/as de curso colaborarán na actualización da páxina web do plan de acción titorial, incorporando nela as preguntas frecuentes que resulten de maior utilidade para os estudantes.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes