Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
 Asignaturas
  Didáctica das ciencias sociais II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa.
Actividades iniciais Antes de iniciar os temas do programa se desenvolverán actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia.
Análise de fontes documentais Ao longo do curso, os estudiantes terán ocasión de coñecer e manexar moi diversas fontes de información orais, documentais (artigos, capítulos de libros, unidades didácticas extraídas de revistas, libros escolares de texto...), materiais, audiovisuais, páxinas web,etc. Estas fontes utilizaranse tanto como introdución xeral a un tema o como mateiais de obtención de información para a construcción de coñecementos.
Discusión dirixida Metodoloxía fundamental para poñer en común os contidos traballados na aula e fora dela. Guía os traballos previos e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo.
Lecturas Proporcionarase unha listaxe de lecturas complementarias ás explicacións teóricas dos contidos científicos e didácticos, uns con carácter obrigatorio e outros voluntario.
Presentación oral Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que as facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvovemento da profesión de mestres.
Saídas de campo Realizaranse saídas para o coñecemento do medio en relación cos temas traballados na aula.
Recensión bilbiográfica Realizaranse lecturas críticas, que incluirán, resumos e análises, de capítulos de libros, artigos de revistas ou calquera outro tipo de texto.
Proba mixta Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10.
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50.
Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes