Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Métodos Estadísticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cada alumno pode propoñer de forma VOLUNTARIA un exemplo real de aplicación dos modelos de Deseño de Experimentos o de Regresión. O alumno debe de facer unha introdución ao problema e motivalo. Indicaranse os obxectivos xerais e específicos que se perseguen. Indicar de forma detallada como se realizará a mostraxe e describir a mostra con todo detalle. Unha análise estatística preliminar dos datos proporcionará as primeiras conclusións. 20
Sesión maxistral A1 A3 B1 Realizarase unha proba dos modelos de deseño de experimentos.
Facilítaselle aos alumnos unha mostra de datos aos que axustar un modelo de deseño de experimentos (pode ser un dos traballos presentados) e a partir desa mostra realizarase un exercicio (exame) de carácter aplicado no que se propoñen preguntas de tipo aplicado e curtas que o alumno responderá coa axuda do material docente e software estatístico.
40
Solución de problemas A1 A3 A29 A50 B1 B3 B4 B6 B9 C1 C3 Realizarase unha proba dos modelos de regresión. Facilitarase unha mostra de observacións multivariante e a partir deses datos realizarase un exercicio (exame) de carácter aplicado no que se propoñen preguntas de tipo aplicado e curtas que o alumno responderá coa axuda do material docente e software estatístico. As preguntas estarán relacionadas co axuste dun modelo de regresión múltiple aos datos e será similar aos realizados en clase.
As dúas probas (a de deseño de experimentos e a de modelos de regresión) realizaranse nunha única sesión.
40
 
Observacións avaliación

Avaliación da materia.  Consta de dous partes: unha práctica individual e voluntaria e o exame. 

Se o alumno presenta práctica VOLUNTARIA e a súa cualificación é inferior a SEIS, a cualificación da práctica non inflúe na cualificación final. Neste caso, a cualificación da materia é a cualificación do exame. 

Se o alumno presenta práctica VOLUNTARIA e obtense unha cualificación superior a SEIS, si se ten en conta na cualificación final da materia. Neste caso a valoración máxima da práctica na nota final é de DOUS puntos.

Se o alumno non presenta a práctica VOLUNTARIA, a cualificación da materia é a cualificación do exame. 

Para aprobar a materia hai que obter polo menos un CATRO sobre 10 no exame, e un TRES sobre 10 na parte de Deseño de Experimentos e un TRES sobre 10 na parte de Regresión. Si a nota do exame é menor que CATRO, a cualificación da materia é a cualificación do exame.  

Si na práctica obtéñense P puntos a cualificación do exame é sobre 10-P (a nota da materia non pode ser superior a 10 puntos).

Para aprobar a materia a cualificación final debe ser CINCO ou superior.

Para os alumnos con matrícula a tempo parcial, debido ao contido práctico e aplicado da materia, teñen a obrigación de asistir a un número de clases superior a 15 horas. En caso de non poder asistir comentalo co profesor da materia.

PLAXIO 

En caso de plaxio, aplicarase o seguinte: 

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes